Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz pon en liberdade os tripulantes dunha narcolancha de Cádiz

O xuíz pon en liberdade os tripulantes dunha narcolancha de Cádiz

Confundiran a súa embarcación coa que levou por diante unha lancha da Garda Civil e matou dous axentes

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 30/07/2024 15:51

O xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Barbate (Cádiz) decretou este martes a liberdade para os seis tripulantes dunha narcolancha que estaban en prisión desde o pasado febreiro, cando a súa embarcación foi confundida coa que arremeteu contra unha lancha da Garda Civil causando a morte de dous axentes.

A Fiscalía non se opuxo a esta medida.

Os seis permanecían en prisión provisional investigados por delitos de contrabando, pertenza a organización criminal, resistencia e desobediencia.

Como medidas cautelares, os seis investigados teñen a obriga de comparecer todos os luns en sede xudicial. Retiránronlles o pasaporte e está prohibido expedirlles un novo. Ademais, teñen prohibido saír do territorio nacional.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade