Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xulgado declara "fortuíto" o concurso de acredores de Barreras

O xulgado declara "fortuíto" o concurso de acredores de Barreras

As persoas ou entidades prexudicadas polos administradores sociais de Barreras teñen aínda a posibilidade de exercitar accións de responsabilidade fronte a eles

G24.gal 02/03/2023 20:43 Última actualización 02/03/2023 20:50

O Xulgado do Mercantil N.º 3 de Pontevedra declara “fortuíto” o concurso de acredores do extinto estaleiro vigués Hijos de J. Barreras e acordou o seu arquivo.

Tanto a Fiscalía como a administración concursal solicitáranlle o arquivo á xuíza. Cando iso ocorre, a Lei Concursal obriga a arquivar mediante auto “sen máis trámites”, impedindo recurso ningún.

En todo caso, esa declaración, explican fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non implica que non existan responsabilidades, pois aquelas persoas ou entidades prexudicadas polos administradores sociais de Barreras teñen a posibilidade de exercitar accións de responsabilidade fronte a eles por incumprimento dos deberes fiduciarios aos que estaban obrigados no exercicio das súas funcións.

Aínda que durante a tramitación do concurso non se vaian depurar, non quere dicir que queden exentas de responsabilidade as posibles condutas neglixentes, indican as mesmas fontes, que puntualizan que o concurso aínda non está pechado, pois hai actuacións que continúan en trámite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade