Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pymar nega que Galicia perdese peso no sector naval

Pymar nega que Galicia perdese peso no sector naval

A conselleira delegada de Pymar ve no sector eólico mariño unha oportunidade

Almudena López del Pozo, conselleira delegada de Pymar
G24.gal 26/05/2022 11:20

A conselleira delegada de Pymar, que agrupa aos principais estaleiros privados, nega que Galicia teña perdido peso no sector naval. O ano pasado contratáronse en todo o estado 23 buques e hai outros 45 en carteira. 

Segundo Almudena López del Pozo, os pedidos repártense de xeito equilibrado entre Galicia, Euskadi e Asturias. Dicíao nunha entrevista no Galicia por diante.

"Galicia non perdeu peso no sector naval. A contratación está bastante repartida entre as comunidades autónomas que máis construción naval teñen".

López del Pozo afirma que o sector atravesa un bo momento en España e sinala que proba diso é a recente adquisición de Barreras por parte de Armón.

"Dous estaleiros integrados en Pymar deron o paso de tentar adquirir a unidade operativa de Barreras; adxudicouse a Armón, é un bo sinal das perspectivas que hai en Galicia en España para o sector naval".

A conselleira delegada de Pymar, salienta as oportunidades que representa para o sector o PERTE do naval aprobado polo Goberno, que contribuirá a modernizar o sector e construír buques máis sostibles e con máis valor engadido. 

"O PERTE ofrece unhas liñas en termos de sostibilidade, dixitalización e diversificación caras enerxías renovables mariñas que van ser as bases dos anos que veñan".

Almudena López del Pozo ve na eólica mariña flotante unha gran oportunidade.

"É un sector moi atractivo, as perspectivas da eólica mariña flotante para os próximos anos son magníficas. Creo que tería unha capacidade de reindustrialización superpotente para o país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade