Cargando resultados...
O xulgado de Ourense mantén no cárcere o pai condenado pola morte dun bebé
O xulgado de Ourense mantén no cárcere o pai condenado pola morte dun bebé
A maxistrada denégalle a suspensión da pena porque non se quixo someter a un tratamento de desintoxicación
G24.gal
22/11/2021 21:33
En Ourense o xulgado mantén no cárcere o pai condenado pola morte dun bebé e lesionar o seu xemelgo. A maxistrada denégalle a suspensión da pena porque non se quixo someter a un tratamento de desintoxicación.
O home foi condenado a tres anos de prisión. Hai case tres anos un dos bebés ingresara no hospital con varias costelas rotas e, dous días despois, o seu irmán xemelgo aparecía morto na casa familiar.