Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obrador: “Antes non estaba preparado para xogar, agora si”

Obrador: “Antes non estaba preparado para xogar, agora si”

O lateral, que debutou como titular na xornada seis, móstrase satisfeito polo seu primeiro partido no once de Idiakez. Non ten dúbidas, ademais, de que o equipo reaccionará.

G24.gal 24/09/2024 13:10 Última actualización 24/09/2024 13:20

Rafa Obrador viviu a súa primeira titularidade a pasada fin de semana ante o Burgos despois dun verán atípico no que pasou da xira americana co primeiro equipo do Real Madrid a adestrar en solitario.

"Foi unha pretemporada distinta, levaba mes e medio sen xogar un partido, noteime algo cargado ao final. Pedín o cambio porque pensei que podía prexudicar ao equipo", expresou esta mañá o lateral en sala de prensa.

O lateral está "moi contento" pola súa primeira experiencia nun Riazor que lle impactou:

"O ambiente é algo novo. En Primeira RFEF hai mil ou dous mil afeccionados e a verdade é que impacta. A adrenalina, a calor da xente… impresionado pero moi contento".

Obrador sabe da importancia de gañar, pero ten fe absoluta no que fai o equipo no día a día. Confía en "sacar os tres puntos" este venres e que aos poucos todo chegue:

"Eu creo que en liñas xerais está a xogar ben, en todos os partidos estivemos igual ou mellor que o rival. Exceptuando pequenos detalles, debemos mellorar en ambas as áreas, non conceder algunhas accións e terminar de conseguir algúns goles que necesitamos. As ocasións e os goles van chegar. O equipo xoga ben, arriba temos xogadores de gran calidade e van chegar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar