Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiro para aprender a facer a máscara do Cigarrón de Verín

Obradoiro para aprender a facer a máscara do Cigarrón de Verín

Organizado polo Concello de Verín para coidar e preservar a tradición da carauta e do traxe do Cigarrón

Desde outubro un grupo de veciños e de veciñas aprenden a tallar e pintar a madeira e tamén a colocar todos os elementos da máscara guiados por un mestre artesán 

Moitos dos alumnos e alumnas estana facendo para os seus netos e netas
G24.gal 11/01/2024 21:11 Última actualización 11/01/2024 21:54

Hoxe imos coñecer no obradoiro que organiza cada ano o Concello de Verín como aprenden a facer as laboriosas carautas do Cigarrón. Un obradoiro para coidar e preservar a tradición no traxe e na carauta do personaxe emblema do Entroido de Verín.  

"Cómpranlle a madeira, o cavaco, que lle chamamos, que é a parte de abaixo, a carauta, e entón empezan a labrala. De feito cada unha ten a man da persoa que a realiza, todas son diferentes", explica o artesán responsable do obradoiro Álvaro Ferreira. 

Comezaron en outubro neste obradoiro para preservar a tradicional máscara do Cigarrón e manter un canon común.

Ata tela completamente rematada aínda lles queda un pouco, a idea é tela terminada para o Domingo Corredorio 4 de febreiro, cando saen por primeira vez os cigarróns polas rúas de Verín. E agora están pondo a proba o pulso coa primeira man de pintura. 

E a menos dun mes para o Corredoiro quedan moitos elementos para que estean listas para lucir.

Moito traballo e amor para sacar adiante esta laboriosa máscara con ata nove materiais diferentes, desde o aluminio da mitra, o coiro e ata a crina de cabalo para a rabeira. E moitos estana facendo para as súas netas e netos. 

Con man de artesáns e moita paciencia para pór en valor a figura do Cigarrón de Verín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade