Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiros de robótica para aliviar o estrés dos ingresos dos menores nos hospitais

Obradoiros de robótica para aliviar o estrés dos ingresos dos menores nos hospitais

A iniciativa desenvólvese a través dun convenio de colaboración entre o Sergas e o Colexio de Enxeñería Informática de Galicia

Serán un total de 14 talleres, dous por cada área sanitaria

G24.gal 25/06/2024 14:03

Para que a estancia dos máis pequenos nos hospitais sexa máis levadía, nas áreas de Pediatría haberá obradoiros de robótica.   

Serán un total de 14 talleres, dous por cada área sanitaria. O obxectivo é usar a tecnoloxía para reducir o estrés que provocan os ingresos tanto nos menores coma nas familias, e facelo con xogos.

A iniciativa desenvólvese a través dun convenio de colaboración entre o Sergas e o Colexio de Enxeñería Informática de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade