Obras de manga e anime do século XVII e XVIII, expostas en Madrid ata o 21 de xullo
Obras de manga e anime do século XVII e XVIII, expostas en Madrid ata o 21 de xullo
The art of manga mostra máis de duascentas pezas de banda deseñada de todos os tempos
A mostra está aberta no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid ata o 21 de xullo
Hai pezas únicas e orixinais como o autorretrato e autógrafo de Osamu Tezuka, considerado o 'Deus do manga'
O ano pasado, por vez primeira en España, houbo máis publicacións de obras de manga que de banda deseñada americana. Aumenta o interese pola cultura xaponesa.
Os amantes do manga e do anime ou os que queiran coñecer desde cero estas publicacións poden visitar, en Madrid, unha mostra única con máis de duascentas obras. A exposición The Art of Manga estará aberta no Colexio de Arquitectos de Madrid ata o 21 de xullo.
O número 58 de El Víbora foi a primeira portada manga publicada por unha revista española. Hai corenta e catro anos. A vida de Mao Tse Tung foi o primeiro manga que se publicou en España, a historia foi obra dos creadores de Doraemon, que tamén é de produción xaponesa.
Heidi e Marco, quizais para moitos non o parece pero tamén chegaron a España procedentes do Xapón. E D´Artacan ou Ruy o pequeno Cid tamén eran xaponeses. Máis de douscentos obxectos, libros e pezas de manga e anime están expostos en Madrid ata o 21 de xullo.
Hai obras, como un autorretrato e autógrado de Osamu Tezuka, considerado o deus do manga. A primeira edición de Dragon Ball tamén está á vista nesta exposición, que fai un percorrido pola historia do manga e o anime a través de obras e espazos singulares como un templo do Xapón ou as tradicionais torii ou portas xaponesas.
A cultura manga interesa cada vez máis.