Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ofrenda das nais á Virxe de Fátima en Ourense

Ofrenda das nais á Virxe de Fátima en Ourense

Levan flores brancas polos fillos vivos e vermellas polos que xa non están

G24.gal 12/05/2022 21:43

O último día da novena de Fátima é unha xornada emotiva e cun significado especial en Ourense, é a ofrenda das nais. O templo do barrio do Couto énchese para que as nais e as avoas ofrezan flores á Virxe polos seus fillos e os seres queridos.

Di a tradición, brancas polos vivos e vermellas para os que xa non están. Son as mesmas flores que adornarán mañá a carroza da Virxe na multitudinaria procesión nocturna que cada 13 de maio percorre as rúas de Ourense durante horas.

Por mor da pandemia o ano pasado foi un acto case simbólico, hoxe cun coidado especial nas distancias e o uso da máscara, volveu recuperar as imaxes que adoitaban verse no día da ofrenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade