Oito autobuses calcinados en Granada
Oito autobuses calcinados en Granada
A Policía Local detallou que os autobuses urbanos estaban moi unidos entre si e que por iso o lume se propagou con gran rapidez
A Policía Nacional investiga as causas dun suceso ocorrido na madrugada en Granada. Oito autobuses urbano quedaron calcinados e outros catro sufriron diversos danos como consecuencia dun incendio de orixe por agora descoñecida nas cocheiras exteriores do servizo de autobuses.
Os primeiros indicios apuntaron a un acto vandálico como hipótese máis probable, aínda que polo momento a Policía Nacional non quixo ser máis precisa. Dende o Concello non descartan que puidese ser un feito fortuíto, quizais causado por unha avaría nun autobús que acabase de regresar de facer a súa ruta e que provocase o lume por unha faísca.
Rexistráronse arredor dunha ducia de avisos que daban conta do incendio, na zona onde están ao vehículos fóra de servizo. Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos de bombeiros, Policía Nacional e Policía Local. Non foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia. O lume deuse por apagado arredor das cinco da madrugada.
Desde a Policía Local detallaron que os autobuses urbanos estaban moi unidos entre si e que por iso o lume se propagou con gran rapidez.