Oito minutos sen anotar en Xirona, unha lousa demasiado pesada para o Ensino
Perdeu por 75-54 diante dun dos mellores equipos da Liga Feminina, que fixo un parcial de 22-0
Blanca Millán, máxima anotadora do partido (21 puntos) e da competición
O Ensino non puido repetir a sorpresa do mércores pasado diante do Avenida e perdeu con claridade na pista do poderoso Xirona (75-54). A poderosa rotación do conxunto catalán chegoulle para ir minando a resistencia galega, que só durou un cuarto.
O primeiro parcial foi equilibrado (18-16), pero no segundo comezaron a abrirse diferenzas importantes. E iso que o Ensino gañaba por 25-28, pero recibiu un parcial de 13-0 nos últimos cinco minutos do primeiro tempo.
A serie prolongouse os primeiros catro minutos do segundo tempo, cando o Xirona conseguiu unha máxima de 19 tantos (47-28). A partir de aí, as locais xestionaron a vantaxe movendo todo o banco e o Ensino só conseguiu achegarse no treito final do terceiro cuarto para acabar perdendo con claridade.
Destacable a actuación de Blanca Millán, máxima anotadora do partido con 21 puntos e da competición, cunha media que supera os 19 por partido.