Oleiros mantense entre os 25 concellos españois con máis renda anual por habitante
Oleiros mantense entre os 25 concellos españois con máis renda anual por habitante
A segunda cidade galega é Compostela, no posto 45, cunha renda de 14.636 euros
Oleiros repite como o concello coa renda máis elevada de Galicia, cunha renda media neta de 16.447 euros por ano e habitante. O que non significa, segundo explica o analista económico Estévez Mengotti, que esa sexa a renda da maioría dos veciños do municipio.
Oleiros mantense así entre os 25 concellos de España de máis de 20.000 habitantes coa renda mais alta, segundo o Informe de Indicadores Urbanos publicado este luns polo INE. A segunda cidade galega que aparece na listaxe, no posto 45, é Compostela cunha renda de 14.636 euros.
A outra cidade galega que aparece no top 50 de España, tan só dous postos por debaixo de Santiago, é A Coruña cunha renda media de 14.536 euros.