Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oleiros prohibiu no 2021 os pisos e os apartamentos de uso turístico

Oleiros prohibiu no 2021 os pisos e os apartamentos de uso turístico

Actualmente conta con apenas un centenar rexistrados

G24.gal 26/05/2024 14:17 Última actualización 26/05/2024 17:09

Durante os meses de verán a tranquilidade propia de Oleiros salta polos aires. Desde hai moitos anos, pequenas localidades como Mera son paraíso estival para turistas de procedencias diversas, entre eles un número significativo de madrileños.

No municipio hai moitas segundas residencias que reviven a partir do mes de xullo e unha longa tradición de alugueiro vacacional.

Pero o Goberno local non quere que as vivendas e os apartamentos de uso turístico gañen terreo e decidiu prohibilos hai xa tres anos, co argumento de que son incompatibles co seu PXOM. 

En febreiro de 2021 o Concello deixou de emitir os informes favorables solicitados polos particulares ou as empresas que querían iniciar esta actividade, unha decisión que contrasta coa tendencia alcista destes negocios, en plena expansión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade