Publicador de contidos
Publicador de contidos

Operación retorno con máis de 200 voos durante a fin de semana

Operación retorno con máis de 200 voos durante a fin de semana

O domingo será o día de máis actividade aérea da operación retorno 

Un voo procedente de Madrid con destino Peinador desviouse a Santiago 

Operación retorno do Nadal no aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago
G24.gal 07/01/2023 14:24 Última actualización 07/01/2023 14:39

Nos aeroportos galegos a trasfega de viaxeiros transcorre con normalidade. Para esta xornada están programados 96 voos.

O Rosalía de Castro, de Santiago, é o que máis tráfico rexistra, con 58 operacións. Pero será este domingo o día de máis actividade desta operación retorno, con 114 voos en total. 

Tanto nas saídas coma nas chegadas, a maioría volve á rutina laboral e escolar.

"Vivimos nas Palmas de Gran Canaria pero temos aquí a toda a familia así que sempre procuramos volver no Nadal, Semana Santa e nos veráns. Agora acábanse os días de vacacións e toca volver á rutina". 

"Agora toca volver ao colexio, pero polo menos vin a familia". 

"Empezo este luns con ganas de ver os meus amigos".

"Volvo para Suíza despois de visitar os meus avós".

"Eu levo aló 30 anos e vir e ir é un trastorno porque ao final sempre vas e vés. Pero é bonito tamén". 

En canto ás incidencias que o temporal deixou a primeira hora, o vento e a mala visibilidade obrigaron a desviar un voo procedente de Madrid con destino a Peinador, que aterrou en Santiago. No Rosalía de Castro demorouse a saída dun avión con destino Basilea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar