Nove detidos nun operativo en Ourense e Pontevedra contra os roubos con violencia
Nove detidos nun operativo en Ourense e Pontevedra contra os roubos con violencia
Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional realizan rexistros en vivendas e vehículos como parte dunha operación en todo o estado
Nove persoas foron detidas no marco dunha operación que se desenvolve nestes momentos en Ourense, Pontevedra e Barcelona, contra unha rede supostamente responsable de roubos con violencia.
En dous puntos da cidade das Burgas, no barrio do Couto e na avenida de Bos Aires, un amplo dispositivo da Garda Civil sorprendía dende primeiras horas os veciños. No número 18 da rúa Zurbarán, dese barrio do Couto, os axentes realizaban rexistros domiciliarios acompañados de cans.
Na avenida de Bos Aires tamén rexistraron outra vivenda en que, ao parecer, detiveron unha persoa e revisaron un coche aparcado na rúa.
Outros dous rexistros están a realizarse na cidade de Pontevedra, nas céntricas rúas Joaquín Costa e Cruz Gallástegui, onde os axentes da Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Local leváronse diversa documentación de senllos domicilios.
A autoridade xudicial decretou o secreto das actuacións, polo que polo momento non se coñecen moitos detalles sobre este operativo.