Orde de afastamento para o acusado de coaccionar a súa exparella en Allariz
Orde de afastamento para o acusado de coaccionar a súa exparella en Allariz
Non poderá achegarse durante 6 meses e ademais terá que cumprir 22 días de traballos en beneficio da comunidade
O Xulgado de Instrución número 3 de Ourense, que leva os asuntos de violencia de xénero, decretou seis meses de afastamento e 22 días de traballos en beneficio da comunidade para o home que acosou e perseguiu a súa exparella ata a gardería onde traballaba. Coaccionouna chantaxeándoa con suicidarse se non retomaban a relación.
Os feitos tiveron lugar o pasado mércores cando o home, veciño de Allariz, foi detido por axentes da Garda Civil por varios delitos, entre eles, un de violencia de xénero por seguir a súa exparella ao seu lugar de traballo.
O detido rompeu os cristais de dúas portas dunha escola infantil, onde varios efectivos estaban protexendo a vítima e o propio persoal, e tratou de agredir os axentes cunha botella polo que tivo que ser reducido. Ademais, foi acusado de condución neglixente por conducir de forma temeraria polo centro histórico da localidade, onde reside, con risco de atropelo.