Orion regresa con éxito á Terra tras 26 días de travesía ao redor da Lúa
Orion regresa con éxito á Terra tras 26 días de travesía ao redor da Lúa
A cápsula que levará astronautas ao satélite, fai amaraxe no Pacífico tras alcanzar 3.000 graos de temperatura ao atravesar a atmosfera
A misión Artemis I senta as bases para o regreso á Lúa en 2024
A nave Orión regresa con éxito e pon fin así á histórica misión non tripulada Artemis I. Desde o día 16 de novembro Orión circunnavegou a Lúa, percorreu máis de 2,2 millóns de quilómetros, como punta de lanza dun programa co que a NASA quere fixar a presenza permanente no satélite terrestre.
Orión amarou no océano Pacífico, fronte á Baixa California (México) á hora prevista, sobre as 17:40 horas GMT, tras despregar na secuencia planificada un sistema de once paracaídas que lle permitiron reducir as 325 millas por hora (523 km/h) de velocidade ata pouco menos de 20 millas por hora (32 km/h).
Como estaba previsto, a cápsula pousouse placidamente no mar, tras despregar durante o seu descenso once paracaídas. Tras a amaraxe, os equipos de recuperación formados por lanchas, navíos e helicópteros, fixéronse cargo da nave.
A NASA prevé lanzar o Artemis II en 2024 e un ano despois enviar unha terceira misión xa tripulada.
¡Bienvenida a casa!@NASA_Orion amerizó a las 12:40 p.m. EST (1740 UTC) en el Océano Pacífico frente a la costa de California, finalizando la misión de 25 días y medio de Artemis I. pic.twitter.com/Vj42V4a8uJ
— NASA en español (@NASA_es) December 11, 2022