Ortuzar considera que chegou o momento de "falar do modelo territorial"
Ortuzar considera que chegou o momento de "falar do modelo territorial"
O presidente do PNV asegurou que antes de pedir o apoio do seu partido hai que cumprir a palabra dada
O PNV celebrou o Alderdi Eguna, o día do partido, que reuniu milleiros de militantes nas campas de Foronda, en Vitoria-Gasteiz.
O presidente do Comité Executivo Nacional da formación, Andoni Ortuzar, apelou a continuar o camiño do autogoberno do País Vasco dentro dun proxecto que definiu como realista.
Sobre a situación política en España dixo que chegou o momento de falar do modelo territorial do Estado e que agarda que haxa alguén na outra beira da mesa disposto a facelo.
"Poder falar do modelo territorial do Estado. Foi imposible o máis mínimo debate sobre o recoñecemento nacional de Euskadi, Cataluña e de Galicia no seu caso. Pois ben, chegou a hora de facelo. Nós estamos listos e esperamos alguén na outra beira da mesa", asegurou.