Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os 27 pídenlle a Bruxelas máis medidas urxentes para aliviar o campo

Os 27 pídenlle a Bruxelas máis medidas urxentes para aliviar o campo

Os ministros de Agricultura presentan 500 propostas, incluída a dunha PAC máis flexible

Máis dun milleiro de tractores toma o centro da capital comunitaria

Milleiros de agricultores protestan en Madrid coincidindo co Consello de Ministros europeo

Antón Montero 26/02/2024 20:43 Última actualización 26/02/2024 21:25

Os ministros de Agricultura da Unión Europea pídenlle á Comisión máis medidas para aliviar o malestar no campo. Tras a xuntanza dos 27, a presidencia belga insta as autoridades comunitarias a iren máis aló das propostas anunciadas a semana pasada.

David Clarinval, ministro de Agricultura de Bélxica: "O Consello considera que non é abondo e invita a Comisión a complementar estas medidas con outras novas e máis ambiciosas".

Entre as ideas lanzadas polos gobernos está a de facer voluntarios moitos dos actuais requisitos medioambientais.

O español Luis Planas pídelle á Comisión: "Polo menos que nos dea aos Estados membros a marxe de flexibilidade necesaria para que poidamos tomar as medidas necesarias neste momento".

España propón ademais reducir á metade o número de controis ás explotacións de menos de dez hectáreas que aspiran a axudas da PAC. A revisión da Política Agraria Común, un monstro burocrático, para o ministro alemán, é unha reclamación unánime.

Adoración Blanque, presidenta de ASAJA en Almería: "Esta PAC que temos agora ten tantas trabas burocráticas que non podemos chegar nin sequera a cumprilas, son tantas esixencias e burocracia que ao final os agricultores non podemos seguir producindo".

Os tractores bloquearon o barrio europeo de Bruxelas

Algunhas destas queixas trasladáronllas directamente ao comisario europeo de Agricultura.

Fóra, máis dun milleiro de tractores bloquearon durante todo o día o barrio europeo de Bruxelas. As protestas desembocaron nalgúns incidentes entre as forzas de seguridade e uns manifestantes que din estar fartos de promesas.

Nese sentido, os ministros instaron a Comisión a presentar iniciativas pola vía de urxencia para que estean en vigor antes das eleccións europeas de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade