Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os administradores de fincas ven problemas xurídicos no veto das comunidades ás vivendas turísticas

Os administradores de fincas ven problemas xurídicos no veto das comunidades ás vivendas turísticas

Os donos das VUT poderían impugnar os acordos das comunidades de propietarios

G24.gal 13/10/2023 14:19

O auxe das vivendas turísticas preocupa algunhas comunidades de veciños, que mesmo as están vetando nos seus edificios. Unha medida polémica, que xera opinións encontradas entre os xuristas. Piden unha regulación máis explicita, que dea seguridade.

"A trasfega de xente, ás veces a altas horas, pode ocasionar molestias. E tamén pode haber un uso máis intensivo das zonas comúns que pode crear malestar", recoñece Ana Carrión, asesora xurídica do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia.

Mesmo así, o COAFGA ten dúbidas sobre o percorrido dos vetos das comunidades de veciños ás vivendas de uso turístico. Non hai datos oficiais, pero si se sabe que moitas comunidades están a acordar este tipo de limitacións, cunha maioría ampla, polo menos de 3/5.

"Hai unha corrente doutrinal que entende que só se pode limitar e outra que entende que si que se poden prohibir. Ao final son os xulgados os que teñen que tomar as decisións", explica Ana Carrión. 

Porque eses acordos están a ser impugnados xa polos propietarios que si queren darlle un uso turístico á súa vivenda.

"Pódeselles esixir ata un 20 % máis de cota, ou que informen os ocupantes do regulamento da comunidade".

Nos tribunais hai resolucións de todo tipo. En xeral, favorables a poñer condicións, pero non vetos.

Segundo o criterio do COAFGA as comunidades tampouco poderían tomar este tipo de decisións con carácter retroactivo nin vincular a futuros propietarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade