Os afectados polo incendio de Rábade ocupan unha vivenda da vila
Os afectados polo incendio de Rábade ocupan unha vivenda da vila
Aseguran que ninguén quere alugarlles outra casa nin poden seguir nos hoteis
O Concello cre que a ocupación fai máis difícil atopar outro inmoble para alugar
O inmoble que ocupou a familia leva anos sen ser habitado e aínda está por dividirse entre os herdeiros. Ao parecer, son dez persoas, cinco delas menores de idade, as que permanecen nel dende a fin de semana. Aínda que rexeitaron facer declaracións, sinalaron que se viron obrigados á ocupación ilegal porque ninguén quere alugarlles unha vivenda. Dende o Concello sinalan que se está a traballar para realoxalos e condenan unha ocupación que, din, só complica máis a situación.
Durante o incendio en que perderon todas as súas pertenzas, a familia quedou tamén sen a documentación e escrituras necesarias para poder realizar os trámites para acceder a unha vivenda. Ademais, os hoteis onde se aloxaron estes días xa non poden acollelos por ter reservados todos os cuartos. Os herdeiros da casa ocupada xa se puxeron en contacto co Concello para tentar buscar unha solución.
Dende o Concello cren que esta ocupación fará máis difícil que a familia consiga unha vivenda.