Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os alcaldes do Pacto de Pedre volven pedir unha reforma integral da N-541

Os alcaldes do Pacto de Pedre volven pedir unha reforma integral da N-541

Esíxenlle ao Goberno central actuacións urxentes para evitar a alta sinistralidade da vía

G24.gal 20/09/2023 15:20

É a segunda vía máis perigosa de España e a primeira de Galicia. As obras na N-541 non chegan e os alcaldes dos municipios afectados, integrados no Pacto de Pedre, afirman estar desesperados. Din que as súas reivindicacións non están a ser escoitadas polo Goberno central.

Os alcaldes do Pacto de Pedre, que mantiveron hoxe a súa terceira reunión, esixen unha reforma integral. Queren que se actúe en toda a vía, onde os estragos son evidentes.

Uns problemas que os veciños sofren a diario. Non entenden como despois do accidente do autobús non se tomaron medidas. 

Os alcaldes do Pacto de Pedre solicitarán reunións aos concellos de Pontevedra e Ourense e tamén ás deputacións para buscar apoios nas súas reivindicacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade