Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os armadores da Mariña din que os barcos gañan a metade pola veda da pesca de fondo no cantil

Os armadores da Mariña din que os barcos gañan a metade pola veda da pesca de fondo no cantil

"O maior gasto vén producido porque tes que estar máis días no mar porque tes que andar máis", explica o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros, Sergio López

G24.gal 11/11/2022 09:50

Os armadores da Mariña afirman que a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas do cantil europeo está facendo que os barcos reduzan á metade o rendemento económico.

O dato deuno na Radio Galega o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros, Sergio López. Segundo dixo, os pesqueiros gastan máis cartos e máis tempo para chegar a outros caladoiros e teñen que facer mareas máis longas.

Din que aumentan os gastos e se reducen os ingresos.

"O maior gasto vén producido porque tes que estar máis días no mar porque tes que andar máis tempo e incluso tes que esperar dous e tres días para entrar na zona do caladoiro na que tes sitio para pescar. A rendibilidade en canto ás capturas de momento son inferiores. E nós o que estamos notando son unhas afectacións dun mínimo dun 50 por cento".

"Estamos capturando un 50 por cento menos por día porque estamos máis barcos en menos espazo. Se antes había un rendemento duns determinados quilos ao día, hoxe estamos aproximadamente pola metade. E por outro lado, antes faciamos mareas de 8 ou 10 días, de lances mais os días de viaxe de ida e volta do caladoiro, e agora temos que facer mareas un pouco máis longas. O que antes se facía en 8 ou 10 días, agora faise en 15".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade