O Colexio de Arquitectos da Palma súmase á reconstrución da Illa
O Colexio de Arquitectos da Palma súmase á reconstrución da Illa
Van achegar dez modelos de proxectos de construcción de vivendas
O Colexio de Arquitectos da Palma, en colaboración co concello de El Paso, vai redactar para os veciños afectados dez modelos de proxectos para a reconstrución de vivendas.
Poderán beneficiarse todas as persoas que perderon unha casa en calquera localidade da Illa sempre e cando decidan reconstruíla neste municipio. O alcalde, Sergio Rodríguez, explica a iniciativa.
"Parecía interesante máis que subvencionar directamente os afectados, poñer en funcionamento unha serie de medidas que ao final lles supoñen unha axuda importantísima. A cuantificación que se fixo dende a oficina técnica é que esa axuda estaría entre 12 e 20 mil euros".
O convenio de colaboración financiado polo Concello e os arquitectos busca fixar poboación nesta parte da illa. O rexedor di estar satisfeito.
"Nestes momentos, pasamos dos oito mil habitantes, o que supón unha grata noticia. O goteo de persoas que están vindo é continuo e a min isto congratúlame".
Outros colectivos como o Colexio Oficial de Aparelladores poderían sumarse a esta iniciativa, que achega coñecemento e experiencia na reparación das edificacións devastadas pola lava.