Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os balnearios suman reservas para celebrar a Noitevella

Os balnearios suman reservas para celebrar a Noitevella

Moitos balnearios da provincia están xa practicamente ao completo

G24.gal 29/12/2023 21:31 Última actualización 29/12/2023 22:32

Agora que moitos están xa cos preparativos para a Noitevella, hai unha opción que acada cada ano máis adeptos: a dos balnearios.

Tratamentos, baños relaxantes e todo a carón da natureza. Se lle engadimos ademais cena e baile a noite de fin de ano, pois a proposta xa está completa.

En balnearios coma este de Laias están xa cunha ocupación para estes días dun noventa e cinco por cento e é moi probable que nas próximas horas poñan o cartel de completo. E non debe ser mala experiencia porque din que os máis dos que proban, repiten.

Esta é a paisaxe coa que van amencer os que pasen a noitevella no balneario de Laias. Nun entorno natural privilexiado ofrecen a posibilidade de combinar a festa coas augas termais. 

"Buscan a festa da noite e despois poder relaxar a mesma festa na zona do balneario, aproveitando o paquete que temos coa masaxe de relaxación ou collendo soltos os tratamentos que queiran gozar. Estamos arredor do noventa e cinco por cento de ocupación nestas datas e confiamos en que o final o hotel quede completo para o día de fin de ano", explica Íñigo Atapuerca, responsable de Recepción do Balneario de Laias.

En setembro comezan a publicitar o menú de Noitevella e xa entre outubro e novembro empezan as reservas. A falta de cubrir algún oco, polo de agora 150 persoas despedirán o ano ceando no balneario de Laias. 

"É un día moi estresante, trepidante porque temos que estar aquí ao pé do canón e ter todo listo e a punto para que cando cheguen as nove da noite que é cando empezamos xa co aperitivo e chegar as doce menos cuarto, doce menos vinte para as uvas, claro", apunta o xefe de cociña do Hotel Balneario de Laias, Pablo Fernández.

Os máis dos clientes chegan entre hoxe e mañá e moitos están xa no balneario. Tampouco falta lgún demorado que agarda ata case última hora para facer a súa reserva.

"Pois veño pagar para cear en fin de ano".

"Si, imos pasar aquí o fin de ano e decidimos vir estes días para descansar un pouco de facer leas de comidas, compras e todo iso...".

"Imos tomar as uvas aquí, imos pasar aquí ata o 1 de xaneiro, empezamos aquí o ano".

"Estamos gozando moito, estamos a adorar".

E mentres, o teléfono non para:

"Para fin de ano aínda quedaría algún oco para a cea baile e tería tamén con aloxamento".

Pois se aínda non se decidiron polo seu plan para a Noitevella, saiban que aquí moitos dos que proban repiten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos