Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bateeiros rodean a sede da Xunta coas súas lanchas pola "guerra da mexilla"

Os bateeiros rodean a sede da Xunta coas súas lanchas pola "guerra da mexilla"

Colapsaron cos seus remolques e embarcacións varias rúas de Santiago en protesta polas delimitacións á recollida de mexilla

Piden a dimisión da conselleira do Mar e afirman que está en risco a campaña do mexillón

Máis dun cento de bateeiros rodearon a sede da Xunta en Santiago cos seus remolques e embarcacións pola Máis dun cento de bateeiros rodearon a sede da Xunta en Santiago cos seus remolques e embarcacións pola "guerra da mexilla" (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 02/03/2023 12:38 Última actualización 02/03/2023 13:09

Máis dun cento de bateeiros rodearon esta mañá as oficinas da Xunta en San Caetano, en Santiago, para protestar contra as delimitacións das zonas para recoller a mexilla impostas pola Consellería do Mar.

Cos seus coches, furgonetas e ata lanchas a bordo dun remolque volveron colapsar as estradas da capital galega e, fronte ao portal grande de San Caetano, fixeron soar as bucinas e megáfonos e pediron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, á que se referiron ironicamente como "percebeira".

O presidente da Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa, José Manuel Oubiña, explica que o que queren os bateeiros é "que lles deixen traballar" a mexilla, que é a semente do "futuro mexillón".

"Non nos negamos a que pasemos puntos de control, que nos miren... O único que pedimos é que nos deixen traballar, non pedimos subvencións nin nada".

Oubiña acusa a Consellería de restrinxir "moitas zonas" nas que levaban 70 anos collendo mexilla e que foron pechadas o o ano pasado. Segundo esta asociación, que engloba propietarios dunhas 2.000 bateas, "o 80 por cento da mexilla saía desas zonas" agora vetadas.

Os bateeiros pídenlle á Xunta que os Os bateeiros pídenlle á Xunta que os "deixe traballar" (EFE/Lavandeira jr)

Os mexilloeiros rexeitan a alternativa ofrecida pola Xunta para compensar esta medida. A comezos de febreiro, a Consellería do Mar decidiu abrir arredor de 120 quilómetros de porto para a recolección do produto, pero Oubiña insiste en que "non vale para as bateas".  "Como se nos abren 300 quilómetros", afirma.

O presidente da Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa advirte de que está "moi en risco" a próxima campaña do mexillón "e os postos de traballo indirectos" que crea, e estima unha baixada da produción de entre o 30 e o 40 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade