Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bombeiros de Santiago sufocan un incendio nun pendello en que se amoreaba palla

Os bombeiros de Santiago sufocan un incendio nun pendello en que se amoreaba palla

G24.gal 12/05/2024 19:40

Un incendio declarado nunha granxa da parroquia de Aríns contra as tres da tarde mobilizou oito bombeiros, tres autobombas e un camión escaleira. Tamén axentes da Policía Nacional, da Policía Local e efectivos de Protección Civil. Dentro da nave amoreábase unha gran cantidade de palla. A última hora da tarde, os equipos de extinción traballaban sacando a palla ao exterior para sufocar mellor o lume. O dono afirmou que no pendello non había electricidade, polo que cre que o lume puido ser provocado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade