Os bombeiros evitan que arda por completo unha casa forte do século XIX no Saviñao
Os bombeiros evitan que arda por completo unha casa forte do século XIX no Saviñao
A rapidez dun veciño en dar a alarma foi a clave
A estrutura do inmoble é de madeira e hai forraxe almaceada
A fortuna, a actuación dos bombeiros pero, sobre todo, a intuición e rapidez dun veciño evitaron que ardese por completo a antiga casa forte da Moucha, unha construción do século XIX situada na parroquia de Abuíme, no Saviñao.
Por causas que se descoñecen, a cociña da casa comezou a arder a primeira hora da mañá. José, que estaba paseando, correu dar a voz de alarma e os equipos de extinción chegaron a tempo de evitar que ardese todo.
A casa está afastada das outras vivendas. Case toda a estrutura é de madeira moi vella e no patio hai herba seca almacenada. É dicir, todos os ingredientes para que o lume prendera facilmente sen que ninguén se decatase. Por iso foi clave a rapidez. Lamentablemente, os bombeiros non puideron evitar que morreran algunhas galiñas que había na vivenda.
Nos labores de extinción participaron os bombeiros de Chantada e Protección Civil do Saviñao.