Publicador de contidos
Publicador de contidos

As loias dos tests de antíxenos promovidas polos negacionistas

As loias dos tests de antíxenos promovidas polos negacionistas

Circulan polas redes sociais diversos vídeos que poñen en dúbida a súa eficacia 

Os expertos advirten de que se trata de noticias falsas 

G24.gal 13/01/2022 22:31

Estes días circulan polas redes sociais diversos vídeos que poñen en dúbida a eficacia dos tests de antíxenos. Os expertos advirten de que se trata de noticias falsas promovidas en moitos casos por negacionistas. 

Falamos de vídeos en que, por exemplo, vemos como espremen unha laranxa enriba do test de antíxenos e o resultado é positivo. Noutros casos utilizan simplemente unhas pingas de auga.

Os expertos din que para nada demostran que os tests sexan unha fraude. De feito falan de manipulación, xa que, ao botárenlle esas substancias non utilizan o reactivo e están alterando o Ph, co cal, provocan unha reacción que deriva nun falso positivo.

Facemos a proba para saber se unhas simples pingas de auga poden provocar un positivo nunha proba de antíxenos. Negativo, un resultado ben distinto ao que vemos nestes vídeos que circulan polas redes.

As loias negacionistas van máis aló, con vídeos que aseguran que o zume da laranxa tamén dá positivo en covid–19. Os farmacéuticos subliñan que está comprobada a eficacia dos tests homologados.

Din que estas probas da covid–19 se asemellan por exemplo aos tests de embarazo, en que, por exemplo, se un home bota unhas pingas de ouriños, tamén pode dar positivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade