Publicador de contidos
Publicador de contidos

Campamentos de conciliación, unha opción para a Semana Santa

Campamentos de conciliación, unha opción para a Semana Santa

Hainos en moitos concellos e é unha solución aos problemas de conciliación

Os nenos xogan, entretense e aprenden con actividades educativas

G24.gal 26/03/2024 14:31

Na Semana Santa non hai colexio e é cando en moitas casas aparecen os problemas de conciliación. Para elas están contemplados os cada vez máis demandados campamentos de conciliación, unha opción de entretemento e educativa na que os nenos xogan, aprenden e coñecen outros nenos. Un deles, en Santiago, o do Multiúsos de Sar, no que participan máis de 40 nenos. 

María Rivas, unha das instrutoras do campamento conta que "é unha maneira para as familias para poder conciliar xa que normalmente as familias nestas semanas seguen traballando mentres os nenos teñen vacacións. É unha maneira de que os pais podan ir traballar e deixen no campamento os nenos sabendo que van pasar unha boa mañá".

Neste campamento os nenos, pintaron, fixeron papiroflexia e tamén xogaron e saltaron nunha zona de ocio habilitada para iso. É tan alta a demanda e o éxito dos campamentos que, segundo conta María Rivas, "hai xente que xa pregunta polas inscricións para o verán". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade