Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os candidatos á alcaldía de Santiago votaron apelando á participación

Os candidatos á alcaldía de Santiago votaron apelando á participación

Fixeron un chamamento a escoller a "mellor" corporación municipal para os vindeiros catro anos

G24.gal 28/05/2023 14:36

O socialista Sánchez Bugallo depositaba o seu voto no IES Xelmírez sobre as dez da mañá. O actual alcalde e candidato á reelección facía un chamamento aos composteláns a acudir aos colexios electorais para poder decidir, dixo, o futuro da cidade.

O candidato do PP á alcaldía de Santiago, Borja Verea, votaba no IES Rosalía de Castro sobre as 9:30 da mañá. Verea apelaba tamén á participación para que a cidadanía decida o modelo de cidade que quere para os vindeiros catro anos.

María Rozas, aspirante de Compostela Aberta á alcaldía, foi a máis madrugadora. Depositaba o seu voto arredor das 9:00 da mañá na Facultade de Dereito. Animaba a votar porque, afirmou, a "abstención nunca é positiva" para unha cidade e a súa veciñanza.

A candidata do BNG, Goretti Sanmartín, acudía a votar arroupada por Ana Pontón. Facíao sobre as dez e media na Facultade de Filosofía. Apelou a acadar a maior participación posible para escoller os "mellores" representantes da vindeira corporación municipal.

Todos os candidatos desexaron que a xornada transcorra con normalidade e sen incidencias importantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade