Os candidatos á alcaldía de Vigo madrugan para votar e instar á participación
Os candidatos á alcaldía de Vigo madrugan para votar e instar á participación
Abel Caballero, candiato do PSdeG á alcaldía, votaba no colexio instalado no Concello de Vigo. Durante a mañá percorreu otros colexios e á noite seguirá o reconto desde o hotel Bahía cos integrantes da candidatura.
"A democracia é a participación, é votar, é acudir e amosar a forza do voto de cada persoa, que nos iguala a todos", di Abel Caballero, o candidado do PSdeG en Vigo.
Marta Fernández Tapias, por primeira vez candidata do PP á alcaldía de Vigo tamén percorreu varios colexios electorais despois de votar en ás dez e media no Colexio da Casa das Artes.
"Hoxe o que facemos é chamar a todos os veciños de Vigo a votar o Vigo que queren paraos próximos catro anos e tamén para as próximas décadas ", declara Marta Fernández Tapias, a candidata do PP en Vigo.
Rubén Pérez chegaba contra as once da mañá ao CEIP de Coutada Beade, o colexio electoral onde o líder en Vigo de Podemos Marea exerceu o seu dereito ao voto.
"Quero felicitar o traballo de todos os candidatos de todas as candidaturas por visibilizarse. Son as primeiras municpais que se celebran despois dunha pandemia e onde os concellos xogaron un papel central", explica Rubén Pérez, o candidato de podemos Marea en Vigo.
Xabier Pérez Igrexas, o candidato do BNG para a alcaldía de Vigo, votou ás dez e media no CEIP Canicouva, en Castrelos, o seu colexio electoral.
"Un chamado expreso ás persoas que están indecisas e especialmente á mocidade para que participen", declara Xabier Pérez Igrexas, o candidato do BNG en Vigo.
Normalidade nesta mañá electoral en Vigo. Os candidatos, todos, coincidiron niso de madrugar para votar. Tamén no que facer do día. Saúdos a simpatizantes e militantes dos partidos, e visita e saúdo aos membros das mesas de moitos dos oitenta colexios que hoxe hai en Vigo.