Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os candidatos galegos das principais forzas xa exerceron o seu dereito

Os candidatos galegos das principais forzas xa exerceron o seu dereito

G24.gal 09/06/2024 14:28

O candidato galego do PSOE ao Parlamento europeo, Nicolás González Casares, instou a ir votar nestas eleccións "por máis democracia" e para elixir o "futuro de Europa" que, segundo dixo, é a iniciativa "de paz e prosperidade que nos trouxo ata aquí". Tras depositar o seu voto no colexio electoral do pavillón municipal de Lalín, sobre as dez da mañá, animou a "usar o voto" para decidir "a Europa que queremos", que é o proxecto "máis grande que existe na historia de paz e democracia".

Os candidatos galegos do Partido Popular acudían a Pontevedra para acompañar o líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, no momento en que exerceu o seu dereito ao voto.

A candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, animou a votar nestas eleccións "por Galicia, polas causas xustas da humanidade, polo antifascimo, pola paz e para que termine o xenocidio en Gaza". Miranda exerceu o seu dereito ao voto no colexio electoral do Centro Social de Bouzas, onde acudiu sobre as dez da mañá coa súa filla. Asegurou votar "con ilusión, con esperanza e con futuro" para que Galicia "volva ter unha voz propia no Parlamento Europeo".

Juan Díaz Villoslada, candidato galego de Sumar, votou un pouco antes das 11:00 horas nun colexio electoral de Oleiros. O político coruñés tamén animou a cidadanía galega a participar e subliñou a importancia destas eleccións.

Entre os candidatos galegos das principais listas, o último en votar foi Manuel Moinelo, de Ciudadanos. Fíxoo no colexio electoral do pavillón Valle-Inclán, no concello de Oleiros

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade