Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os capóns de Vilalba xa están preparados para o seu consumo

Os capóns de Vilalba xa están preparados para o seu consumo

Os criadores dedican toda a xornada a deixar os animais listos para os clientes

Os derradeiros exemplares pódense adquirir na feira do día 21

G24.gal 19/12/2023 13:39

Mesmo unha aspiradora improvisada utilizan os criadores de capón de Vilalba para deixar os animais co mellor aspecto posible. Nesta explotación de Lanzós e en moitas outras levan traballando dende primeira hora da mañá e non van rematar ata ben entrada a madrugada. E é que coidar todos os detalles é fundamental para que os animais poidan lucir as súas cualidades.

A preparación dos capóns precisa de moita man de obra. Cada persoa ten a súa tarefa asignada e faina con precisión milimétrica para que os animais teñan todos a mesma aparencia. Unha delas é a colocación da graxa.

Se desexan adquirir algún destes animais, de máis de cinco quilos de peso, aínda poderán facelo na feira do xoves 21.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade