Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 25.500 casos activos, unha nova cifra máxima que fai aumentar tamén as hospitalizacións

Galicia supera os 25.500 casos activos, unha nova cifra máxima que fai aumentar tamén as hospitalizacións

Sobe a presión hospitalaria en planta (+27), pero descende na UCI (-3)

A área sanitaria de Ourense é a única que resta casos activos

Jessica Fernández 27/12/2021 10:22 Última actualización 20:00

Os casos activos seguen aumentando e xa están por riba dos 25.500, un novo máximo desde o inicio da pandemia. En total, hai  25.796 persoas con coronavirus, 1.544 máis ca o día anterior.

En canto aos contaxios diarios, estes diminúen con respecto ao día anterior, pero seguen por riba dos 2.000. Foron detectados 2.361 casos novos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.485 (+334)

Vigo: 7.425 (+350)

Ourense: 2.774 (-61)

Santiago: 3.812 (+298)

Lugo: 2.105 (+128)

Pontevedra: 3.801 (+348)

Ferrol: 1.394 (+147)

Pola súa parte, sobe a presión hospitalaria, ao ingresaren en planta 27 persoas máis, que suman 246 hospitalizacións en planta. Con respecto ás UCI, estas restan tres persoas, deixando 52 ingresadas. En total, hai 298 persoas nos hospitais galegos.

O Sergas notificou este luns oito falecementos de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, a cifra de decesos sobe a 1.753 desde o comezo da pandemia en Galicia.

O pasado día 23 faleceu un home de 86 anos no CHUVI. O seguinte día perdeu a vida un varón de 59 anos no mesmo hospital e que non presentaba patoloxías previas. No día de Nadal, rexistráronse os decesos dun home de 84 anos en Povisa e un varón de 74 no CHUVI.

Na xornada do 26 de decembro faleceron unha muller de 94 anos no Hospital de Valdeorras, un home de 90 anos e Povisa e un varón de 82 anos no CHUVI. Este 27 de decembro finou unha muller de 81 anos no CHOP.

Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas agás o paciente de 59 anos.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade