Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os catro equipos da 1ª Federación buscarán un pleno de vitorias como na última xornada

Os catro equipos da 1ª Federación buscarán un pleno de vitorias como na última xornada

O Deportivo xoga en Cornellá; o Celta Fortuna, en Tarazona, e o Lugo, en León 

O Arenteiro é o único que xoga na casa. Recibe o filial da Real Sociedade.

G24.gal 29/03/2024 17:40 Última actualización 29/03/2024 17:50

Nin matemáticas nin física e química, a Idiakez préstalle máis a lóxica filosófica do día a día.

"Eu fago tres o sábado en Cornellá, son as miñas matemáticas".

Con Lucas Pérez aínda moi verde para xogar en Cornellá e con Mella listo, pero sobrecargado con tres partidos da selección sub-19 nas últimas datas, o técnico deportivista saca peito polos futbolistas con menos minutos.

En Vigo tampouco queren tirar de calculadora para pouco máis ca para constatar que a clasificación está nun pano de man e que as xornadas que quedan, nove, van ser movidas.

Fredi: "Está todo moi igualado. Hai 5-6 equipos nunha distancia moi curta".

"Haberá moitos enfrontamentos directos. Non podemos desbotar nada ata o final".

O troco de Benítez por Claudio Giráldez supuxo a marcha dunha peza fundamental do Fortuna, Hugo Álvarez, reforzo canteirán para o primeiro equipo e misión filial cumprida, malia o descosido que provoca.

O Lugo ten desprazamento a León. Alí agarda a Cultural a un equipo de Trashorras impulsado pola última vitoria no Anxo Carro e a remontada o Sestao.

"Roberto Trashorras: "É unha vitoria que nos ten que impulsar e reforzar".

Coa promoción aínda a dez puntos e un rival que non pode deixar escapar nin chica do seu feudo do Reino de León, Trashorras aspira a sorprender coas variantes do xogo lugués.

O Arenteiro está por riba do Lugo na clasificación e os do Carballiño son os únicos dos galegos que xogan na casa esta xornada. Un partido de máis madeira para a súa condición de revelación na categoría.

Javi Rey : "Podemos sumar de tres e sería unha vitoria moi importante".

"Por chegar a 46 puntos que nos garante manter a categoría".

A Javi Rey preocúpalle o rival, a Real Sociedade B, un filial do melloriño do fútbol español, e ao que define como "talento puro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade