Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os centros de ensino privado de Galicia abordan os desafios do novo cambio educativo

Os centros de ensino privado de Galicia abordan os desafios do novo cambio educativo

Queda menos dun mes para o remate do curso escolar pero a comunidade educativa xa mira para o mes de setembro. A nova lei de educación entra en vigor o curso próximo

Os centros de ensino privado de Galicia participan nunha xornada de formación e debate en Santiago

G24.gal 04/06/2022 15:06 Última actualización 04/06/2022 15:25

Representan máis de 120 centros de ensino privado de toda Galicia e participan na xornada "Desafios e estratexias do novo cambio educativo" que celebran en Santiago. No inicio do encontro a conselleira de Política Social reivindicou a importancia da etapa educativa de 0 a 3 anos, que será gratuíta en todos os centros públicos e privados galegos a partir do próximo curso.

"Imos volver ser pioneiros e referencia a nivel nacional pola gratuidade total de cero a tres anos e en todas as escolas infantís públicas, privadas, as de iniciativas sociais e as que están en pequenos concellos de Galicia"

A conselleira dixo que a Xunta mantén unha aposta decidida por esta etapa educativa e pola conciliación das familias.

"Partiamos en 2009 con poucas prazas públicas e agora hai máis de 25.000 prazas públicas, e por suposto imos continuar apoiando todas as escolas privadas"

Sobre a mesa, tamén os cambios que implica a entrada en vigor da LOMLOE. A nova lei de educación comezará aplicarse a partir de setembro nos cursos impares de primaria, secundaria e bacharelato. Explícao Igancio Gay, presidente de CECE-Galicia.

Ese  profe vai que ter que programar de forma diferente a como o facía o ano pasado e iso supón un cambio. No mes de xuño e a finais de agosto traballaremos cos profesores ese cambio de maneira pormenorizada.

Fronte ás materias tradicionais, o novo modelo educativo baséase na aprendizaxe por competencias e muda tamén o sistema de avaliación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade