Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ciberdelitos aumentan un 300 % con respecto ao ano anterior

Os ciberdelitos aumentan un 300 % con respecto ao ano anterior

A provincia de Pontevedra rexistrou no 2020 un incremento do 300 % nos ciberdelitos respecto ao 2019

Entre as estafas máis habituais están os correos e mensaxes masivas supostamente de entidades bancarias

G24.gal 10/02/2022 19:43

A provincia de Pontevedra rexistrou en 2020 un incremento do 300 % dos ciberdelitos respecto ao ano anterior, que superaron os delitos penais máis habituais, como roubos, furtos ou agresións.

Entre as estafas máis habituais, detectadas polos equipos especializados en delitos telemáticos da Policía Nacional, están os correos e mensaxes masivas supostamente de entidades bancarias, oficinas de correos ou empresas de subministración de luz e gas, e daquela recomendan adoptar as mesmas medidas de prevención que terían na vida real: cotexar a información e non facilitar datos persoais nin claves de acceso.

Establecer contrasinais fortes, actualizalos con frecuencia e contar con antivirus axudará a non ser vítimas deste novo modelo delituoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade