Os científicos apostan por acabar xa coa combustión como xeito de crear enerxía para salvar o planeta
Os científicos apostan por acabar xa coa combustión como xeito de crear enerxía para salvar o planeta
Expertos en bioloxía e oceanografía danse cita en Santiago nos "Diálogos para unha sociedad de futuro"
Insisten na necesidade de traballar pola preservación da biodiversidade
A situación do planeta co cambio climático é "extremadamente grave". Esta é unha das reflexións que escoitamos a miúdo dos expertos e que volvimos escoitar este sábado na charla enmarcada dentro dos Encontros de "Carta de Santiago" que se están a celebrar na Cidade da Cultura. Advírtennos, unha vez máis, que reducir o impacto das nosas accións na natureza e a preservación da biodiversidade non poden esperar.
"A situación é extremadamente grave, as cousas como son, porque xa se queceu o mundo máis dun grao e no mar un pouquiño menos porque ten máis inercia térmica pero coas actuais concentracións de neocarbónico na atmosfera xa hai unha inercia que vai tender a incrementar a temperatura polo menos outro grao máis iso implica que temos que comezar a traballar arreo xa, urxentemente", asegurou Salvador Fojón, profesor de Bioloxía
Esta é unha das reflexións que repiten os expertos unha e outra vez sobre o cambio climático e que volviamos escoitar este sábado en Santiago nos Diálogos para unha Sociedade Mellor que se están a celebrar na Cidade da Cultura. A situación á que nos vemos avocados é extrema se non poñemos remedio... A pegada ecolóxica séntese en todas partes, e poñen como exemplo a desertización de grandes cintos do planeta nos que xa non se pode vivir e como na Antártida xa se atopan restos de pesticidas.
"O concepto de zona prístina, zona sen impacto humano é puramente teórico nestes intres, xa non hai ningún sitio do planeta onde non se note a presenza humana, sexa directamente porque fomos alí e fixemos algunha intervención ou porque chegaron os contaminantes vía atmosférica ou mariña, pro a nosa pegada está en todos os lados xa", dixo Lucía Viñas, investigadora do Instituto Español de Oceanografía".
Insisten en que poden pasar décadas ata que vexamos os efectos positivos con medidas que comecemos a tomar agora. Segundo os expertos, reducir o impacto das nosas accións na natureza e a preservación da biodiversidade non pode esperar.
"A preservación da biodiversidade e acabar coa combustión como forma de facer enerxía, acabar xa. Temos outros xeitos de facer enerxía, pero toda enerxía baseada na combustión acabou", asegurou Salvador Fojón, profesor de Bioloxía.