Os clientes de Bankia xa poden operar con normalidade na banca dixital de Caixabank
Os clientes de Bankia xa poden operar con normalidade na banca dixital de Caixabank
A integración dos sistemas operativos dos dous xigantes bancarios, CaixaBank e Bankia, rematou antes do previsto.
Caixabank rematou os traballos da fusión e desde este serán opera como unha soa entidade. Adiantouse a fase de migración de datos de Bankia e agora entra na fase final da integración tecnolóxica. Moitos clientes foran advertidos de que esta fin de semana non poderían operar na banca electrónica, pero neste momento xa se poden realizar case todas as operacións.
O envío e recepción de cartos por medio de Bizum e as transferencias inmediatas coa orixe ou destino a clientes de Bankia xa se restableceron.
A entidade financeira preví abrir a operativa dixital para os clientes procedentes de Bankia entre a noite do sábado 13 e domingo 14, pero o avance do proceso de integración tecnolóxica permitu adiantar o restablecemento do servizo.