Cargando resultados...
A área de Pontevedra avanza no ente supramunicipal para xestionar a auga
A área de Pontevedra avanza no ente supramunicipal para xestionar a auga
Seis concellos xa aprobaron os trámites para a creación deste organismo e Pontevedra vaino facer ao longo deste mes
G24.gal
06/11/2023 15:11
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, xunto co delegado territorial da Xunta e a directora de Augas de Galicia, presidiu unha reunión para concretar a cogobernanza no abastecemento da auga. Seis concellos xa aprobaron os trámites para a creación deste ente, e Pontevedra farao este mes.
O obxectivo é garantir a calidade do servizo e favorecer a ordenación urbanística, segundo explicou Ethel Vázquez: "No ano 2024 ter regularizada a nova captación de auga de 1.000 litros segundo, que garanta o abastecemento de auga a toda a poboación dos sete concellos, e tamén acordar o modelo de xestión supramunicipal".