Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concesionarios buscan dar saída a máis de 4.000 coches

Os concesionarios buscan dar saída a máis de 4.000 coches

Segundo estimacións do sector, pódense atopar case 4.500 unidades en toda Galicia durante este mes de decembro

G24.gal 11/12/2023 17:32

Decembro foi historicamente un mes asociado ás campañas de desconto nos concesionarios. Actualmente, hai coches no mercado, stock suficiente, e iso tradúcese nunha maior actividade comercial. A crise de materiais nos últimos anos dificultou esta situación, pero agora de novo os vehículos volven chegar de maneira fluída ao mercado, cantidade dabondo para relanzar estas ofertas.

"Nós xa arrancamos co Black Friday.. e agora estamos negociando as condicións do crédito", comentaban dende un concesionario da Coruña, onde moitos clientes aproveitan esta recta final do ano con descontos de ata un 20 por cento sobre o prezo orixinal.

"Estes anos anteriores houbo o problema dos compoñentes que facían que os concesionarios estivesen non tan cheos, e iso tiraba para abaixo a actividade.. pero este ano xa temos certa normalidade", sinalaba Jesús Somorrostro, xefe de vendas Grupo Breogán

Dende o Grupo Breogán recoñecen que, respecto ao 2019, os números son peores xa que nese ano superouse o millón de unidades mentres que no 2023 van quedar curtos, con preto de 950.000 unidades. 

"Os coches de segunda man están igual de caros que os novos, así que por dous ou tres mil euros compensa o coche novo", apuntaban os clientes. Precisamente, ese mercado de usados é o que vai agora por diante, ata o punto que se espera que peche o ano con case dous millóns de unidades vendidas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos