Os condutores botan contas do que pagarán na AP-9 o ano que vén

Percorrer todo o trazado, dende Ferrol ata Tui, custa hoxe 23,9 euros

G24.gal 03/12/2023 14:59 Última actualización 03/12/2023 16:36

Os condutores botan contas de canto terán que pagar por circular pola AP-9  a partir de xaneiro. Audasa pode facer repercutir nas peaxes unha suba de preto do 5 %, debido á alza do IPC máis o canon acordando co Estado.

Falta saber como se materializarán as novas rebaixas comprometidas polo Goberno e canto deberá pagar finalmente o usuario.

Preto de 61.500 persoas circulan a diario pola AP-9, segundo datos do Ministerio de Transportes. Percorrer todo o seu trazado de punta a punta, os 219 quilómetros dende Ferrol ata Tui, custa hoxe 23,9 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade