Os condutores que circulan polas autovías A-6 e A-52 quéixanse das condicións do asfalto
Os condutores que circulan polas autovías A-6 e A-52 quéixanse das condicións do asfalto
O Goberno está a investir este verán en Galicia 23 millóns de euros na reparación de 534 quilómetros de estradas
Os que pasan máis horas ao volante, como son os camioneiros, son os principais prexudicados polas condicións en que se atopa o asfalto da estrada.
Poucos son os treitos da autovía das Rías Baixas, a A-52, que non teñan algunha fochanca ou o asfalto deteriorado. Os turistas que escollen facer a viaxe en automóbil dan fe das condicóns do firme.
Para remediar esta situación o Ministerio de Transportes está acomentendo dende o mes pasado obras de mellora na autovía. Xa se nota en varios treitos, sobre todo nas zonas próximas ás grandes cidades.
O plan contempla 23 millóns de euros de investimento neste verán para 1145 actuacións en diversas autovías galegas. Na A-52 son 280 actuacións.
O plan prevé reparar o asfalto nun total de 534 quilómetros en territorio da nosa comunidade.