Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os conservadores gañan as eleccións en Finlandia con pouca marxe sobre a ultradereita

Os conservadores gañan as eleccións en Finlandia con pouca marxe sobre a ultradereita

A primeira ministra socialdemócrata, Sanna Marin, tratará de formar goberno con novos socios, aínda que admite que non vai ser doado armar unha maioría

O conservador PCN Kokoomus gaña as lexislativas con 48 escanos por diante da ultradereita (46) e dos socialdemócratas (43)

A primeira ministra de Finlandia, Sanna Marin ante os afiliados e a prensa internacional A primeira ministra de Finlandia, Sanna Marin ante os afiliados e a prensa internacional
G24.gal 02/04/2023 23:06

A primeira ministra finlandesa, Sanna Marin, admitiu este domingo a vitoria nas eleccións parlamentarias do seu rival, o partido conservador Kokoomus, cando aínda non terminou o escrutinio dos votos, e felicitou o seu líder, Petteri Orpo, con quen estaría disposta a formar unha coalición.

Marin, que pasa da primeira á terceira posición, augurou, con todo, unhas negociacións difíciles para formar goberno, aínda que expresou a súa confianza en que se chegará a un acordo que garanta unha coalición con maioría parlamentaria.

"O meu partido gañou apoios e temos máis representantes no Parlamento, así que, como líder do partido, estou moi contenta", interpretou Marin ante a prensa internacional nunha primeira reacción cando case se completou o escrutinio, moi rifado desde o peche da votación.

Co 94,7 % dos votos escrutado os conservadores de Orpo lideran co 20,6 % dos sufraxios e 48 escanos, e superan o ultradereitista Verdadeiros Finlandeses, que logra o 20,2 % e 46 escanos.

"Creo que o pobo finlandés quere un cambio e agora abrirei negociacións con todos os partidos para formar goberno", afirmou un Orpo exultante.

O Partido Socialdemócrata (SDP) pasa de ser o maior grupo político de Finlandia á terceira posición, a pesar de mellorar 2,2 puntos e obter un 19,9 % dos votos, o que lle garante 3 escanos máis, ata os 46.

O Partido de Centro, principal socio de coalición do SDP, obtén o 11,6 % dos sufraxios (2,1 puntos menos) e perde 8 escanos e debe contentarse con 23 asentos, o peor resultado da súa historia.

Tamén retroceden os outros grandes membros da coalición gobernamental, Os Verdes, que perden 7 escanos, e a Alianza de Esquerda, con 5 asentos menos, mentres que o quinto socio do executivo, o Partido Popular Sueco, mantense con nove escanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade