Os criadores preparan os animais para a Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces
Os criadores preparan os animais para a Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces
Os galos poderanse probar na feira do venres por uns 60 euros por ave de cinco quilos
En Vila de Cruces celébrase o venres outro clásico do inicio do Nadal: a Feira do Galo de Curral. Os produtores están hoxe moi atarefados preparando os animais, despois de case un ano criándoos ao xeito tradicional: ao aire libre, comendo cereais e verduras da casa durante un mínimo de nove meses.
Nos últimos anos, os criadores asociáronse para ir facendo máis profesional a crianza e a venda do galo, que moitos reservan para non quedar sen el.
O seu proceso de cocción dura unhas tres horas, máis segundo din a espera paga a pena. O que proba, repite, porque cada ano lles piden máis.
Na feira poderase probar xa cociñado polos restaurantes da zona ou de mercalo enteiro, por un custo de 60 euros por ave de cinco quilos.