Os demócratas manteñen o control do Senado nos Estados Unidos
Os demócratas manteñen o control do Senado nos Estados Unidos
Acada os 50 escanos ante a inminente vitoria da lexisladora Catherine Cortez Masto en Nevada
O Partido Demócrata gañou o control do Senado nos Estados Unidos con 50 escanos, ante a inminente vitoria da lexisladora Catherine Cortez Masto no estado de Nevada.
O partido do presidente Joe Biden faise así coa maioría do Senado, fronte aos 49 que obtiveron ata o de agora os republicanos, segundo as proxeccións dos medios estadounidenses.
A segunda volta dos comicios en Xeorxia, que se celebrará o 6 de decembro, decidirá que partido obterá o último escano que queda por decidir nestas eleccións de metade do mandato.
Aínda que os republicanos gañen as rifadas eleccións de Xeorxia, o Partido Demócrata manterá a maioría, xa que a presidenta Kamala Harris dispón dun voto de calidade en caso de empate na cámara alta.
Cámara baixa
Despois dos resultados deste sábado, queda aínda por decidir que partido obterá a maioría dos escanos na cámara baixa, mentres avanza o cálculo de papeletas en distintos estados do país.
As proxeccións dos medios estadounidenses sinalan que os republicanos contan con 211 escanos dos 218 necesarios para ter a maioría da cámara de representantes, e ao Partido Demócrata outórganlle 204 escanos.