Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os desaloxados de Serafín Avendaño en Vigo acudirán á xustiza

Os desaloxados de Serafín Avendaño en Vigo acudirán á xustiza

Xa están nas súas vivendas, pero os estragos non se amañaron

G24.gal 21/03/2024 13:45

En xuño fará un ano do desaloxo en Vigo do edificio da céntrica rúa Serafín Avendaño, por mor da obra do edificio lindeiro.

Os veciños xa foron realoxados, pero moitos problemas de humidades e fendas continúan, malia o compromiso por escrito da promotora de arranxalos. Os afectados están dispostos a acudir á xustiza.

90 toneladas de cemento e formigón foron necesarios para asegurar os alicerces do número 5 de Serafín Avendaño, afectado pola construción dun edificio lindeiro. En xuño do ano pasado, cando o edificio se moveu e foron desaloxados,  a construtora e a promotora asinaron un acordo comprometéndose a arranxar fendas e humidades. Pero agora pretenden agardar polos seguros.

O portal e as vivendas están cheos de fendas con fisurómetros, hai fiestras e marcos descadrados. Os habitantes do 5 andares e o baixo consideran que non lles queda máis opción que unha denuncia xudicial, algo que non entenden, xa que a empresa construtora podería arranxar os danos cos seus propios medios.

Pensan que é unha falta de respecto das empresas que promoven o edificio, logo de pasar boa parte  do verán pasado moitos días sen saber onde ían durmir pola falta de lugares para acoller unha familia de seis membros con tres nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade