Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os descontos nos carburantes animan o tráfico de portugueses nas gasolineiras da raia

Os descontos nos carburantes animan o tráfico de portugueses nas gasolineiras da raia

Recargar en Galicia suponlles uns 30 céntimos de aforro por litro de combustible

Dous vehículos portugueses na gasolineira de Feces de Abaixo, en Verín
G24.gal 12/04/2022 14:12

Os condutores portugueses seguen aproveitando o desconto nos carburantes a este lado da raia para cruzar a Galicia e aforrar. Comprobámolo na gasolineira de Feces de Abaixo, na fronteira de Verín: chegan, enchen o depósito e dan a volta, de regreso a Portugal. "Porque aquí é máis barata". "E está cerca, 12 quilómetros". "En Portugal está carísimo, non hai quen aguante cos prezos de alá", comentan.

Pendentes de que o Goberno portugués aplique as rebaixas nos impostos dos carburantes que anunciou a semana pasada, a día de hoxe, aos veciños portugueses cargar aquí, en Galicia, suponlles uns 30 céntimos por litro de aforro, 15 euros por depósito. "A min paréceme moi ben. Se a xente ve que lle compensa, ten que vir. Que se poñan todos de acordo e poñan os impostos todos igual", comenta unha veciña de Verín.

Algúns veñen con garrafas e outros aproveitan para mercar gas, que tamén lles sae máis barato. "Aquí a botella do gas custa 16 ou 17 euros, e en Portugal máis de vinte".

O tráfico de portugueses aquí é constante, xa historicamente, pero os comercios da zona, lamentan, apenas notan os efectos. "Veñen botar gasolina, pero o nivel de compras, moi baixo", di un comerciante que ten o negocio ao lado da gasolineira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade