Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conectados polo fútbol e a unidade covid de coidados intensivos

Conectados polo fútbol e a unidade covid de coidados intensivos

Os doentes que máis tempo pasaron na UCI de Vigo relatan a súa experiencia

Pensan que a xente negacionista debería visitar unha unidade covid

G24.gal 04/12/2021 14:58

Hoxe estivemos en Vigo coas dúas persoas con covid que máis tempo estiveron na UCI da área sanitaria: Germán Alonso, durante a primeira vaga, e Antonio Estévez, infectado o Nadal pasado.

Aínda que non compartiron hospital, teñen unha particular conexión xa que os vídeos do primeiro serviron para motivar o segundo.  

Este sábado déronse a primeira aperta pero, antes do encontro, xa sabían moitas cousas o un do outro. Entre elas, que son amantes do fútbol. De feito, Antonio, moi coñecido en Vigo, é a voz do Celta na COPE. Saíu do hospital bastante prexudicado e agora, aínda de baixa, fai unha vida case normal.

Filosofía común

Germán e Antonio comparten vivencias, anécdotas, confidencias e unha filosofía común. Consideran necesario seguir as normas do persoal científico e pensan que a xente negacionista debería visitar unha unidade covid.

Ambos os dous bríndanse a contarlle á sociedade a súa experiencia e coinciden en que a recuperación se lles está a facer lenta, como a longa estadía en coidados intensivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade